Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

A carreira de San Xosé das Pontes foi un novo éxito

Por 23 Marzo, 2024Sin comentarios

As Pontes acolleu unha nova carreira de San Xosé, animada polo bo tempo logo dunha intensa choiva de madrugada.

Os gañadores absolutos foron Hugo García (Portugalete), seguido de Pablo Bocelo (Gimnástica Pontevedra) e David de la Fuente, mentres que no feminino foi Tina Fernández (Compostela), seguida de Karyna Yevtushenko e Andrea Díaz (Ría Ferrol). Pola súa banda os mellores ponteses foron Esteban Díaz (Atletismo Narón), oitavo, e Isa Díaz (Trieume), décima.

Déronse cita persoeiros ilustres como o propio speaker, o comunicador Terio Carrera, ou o futbolista de Sigueiro Juanito, aos seus 54 anos, ex Deportivo, Compostela, Rácing Ferrol, Levante ou Betis, equipo este último co que marcou o gol que eliminou ao FC Barcelona na Copa do Rei 1993/94.

Por parte pontesa púidose ver ao futbolista do Arteixo Chus Cañizares ou a mítica atleta ex campiona de España, Susana Castro Pena.