Skip to main content
Begonte

O Concello de Begonte recibe unha axuda para rehabilitar o edificio municipal

Por 16 Marzo, 2024Marzo 17th, 2024Sin comentarios

O Concello de Begonte solicitou á Consellería de Política Social e Xuventude unha axuda para a obra de mellora da accesibilidade do edificio municipal situado nas inmediacións da Casa do Concello (fronte o mesmo), para finalizar a rehabilitación da mesma.

Para poñer en funcionamento definitivo o inmoble precísase garantir o acceso á totalidade da poboación, extremo que a día de hoxe non se cumpre, ao estar limitado o acceso ás plantas altas para aquelas persoas con mobilidade reducida.

Recibida a resolución de concesión desta axuda púxose en marcha a obra descrita para garantir o uso indiscriminado do inmoble e o cumprimento da normativa vixente. Con esta axuda instálase un ascensor, e así mesmo, para o acceso aos balcóns, e para a súa apertura a efectos de ventilación, precísase dispoñer dunha varanda de protección que impida caídas á vía pública.

Está obra esta financiada pola Consellería de Política Social e Xuventude – Xunta de Galicia, Administración Xeral do Estado, e pola Unión Europea – NextGenerationEU.