Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Impartirán un obradoiro de psicomotricidade en San Martiño de Goberno

Por 17 Marzo, 2024Sin comentarios

O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un obradoiro de psicomotricidade e memoria na parroquia de San Martiño Goberno no Concello de Castro de Rei dirixido á poboación en xeral, aínda que máis enfocado á poboación maior.

Este terá lugar o día 2 de abril, na Escola local de 16.30 A 18.30. Estará a cargo de Jénifer Souto Pérez, enfermeira educadora e psicólogo a través da Escola Galega de Sáude para Cidadáns.

Os obxectivos son promover o desenvolvemento e estimulación das capacidades psíquicas, motrices, afectivas, expresivas, creativas e de comunicación e para iso tratarán sobre capacidades biolóxicas básicas, capacidades motrices básicas, neuromotoras e sensoperceptivo motoras, procesos cognitivos básicos, habilidades sociais e habilidades de benestar e participación na diversidade cultural.

Haberá tamén unha sesión teórico-práctica de psicomotricidade e outra sesión teórico-práctica de recuperación da memoria.

O prazo de inscrición para o taller é ata o 1 de abril a través deste enlace, ou no mail prevenciondrogas@rabade.org remitindo nome e apelidos, enderezo ,teléfono, dni, mail. Tamén pode facerse por teléfono no 982 390 0 62 (María Barreiro).