Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O Pleno de Castro de Rei apoia a proposta do BNG de crear un plan de igualdade

Por 19 Marzo, 2024Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego presentou no concello de Castro de Rei, no pleno celebrado este pasado venres, unha moción para que dende o concello se elabore un plan de Igualdade municipal. Moción que foi aprobada por unanimidade e obriga ao equipo de goberno a creación dese plan.

A desigualdade por razón de sexo responde a problemas estruturais que afectan a toda a sociedade; por iso, os esforzos das administracións públicas para a consecución da igualdade real son fundamentais.

“Vemos pertinente a creación dun Plan de Igualdade que poida promover como obxectivo final, no ámbito local, a igualdade na diversidade e a eliminación de toda forma de discriminación e desigualdade que incide sobre as mulleres e sobre as persoas en xeral, por motivo das diversidades existentes – funcional, procedencia ou orixe étnica, racial, cultural e diversidade afectivo-sexual” afirma a nacionalista.

O grupo municipal do BNG estará pendente de que dende o equipo de goberno leven adiante esta encomenda e se poñan a traballar na creación deste plan importante para levar adiante unha igualdade real neste concello.