Skip to main content
Cospeito

Cospeito contará cun Festival de Primavera este sábado

Por 11 Marzo, 2024Sin comentarios

O colectivo Asubíos da Chaira celebrará o próximo sábado, 18 de marzo, un Festival de Primavera tributo aos anos 80,s e 90,s.

Este será na casa da cultura de Feira do Monte a partir das 20.00 horas con entrada de balde.

Participarán neste festival os grupos locais Os do Campo, o CPM Virxe do Monte o propio colectivo organizador. Ademais, estará tamén a Banda de Gaitas Dambara de Burela.