Skip to main content
Cospeito

A Moexmu aspira a ser Festa de Interese Turístico de Galicia

Por 7 Marzo, 2024Sin comentarios

Dende a xerencia da Moexmu comenzouse a preparación do expediente para que a esta feira poida ser declarada de Interese Turístico de Galicia por parte da Xunta de Galicia.

Considérase que se cumpren os requisitos que establece a lexislación vixente, para iso, e en coordinación co Concello de Cospeito, xa se solicitou a súa declaración de apoio.

A idea é presentar dito expediente ante a Axencia Galega de Turismo días despois da celebración da corenta edición, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de abril.

“Sería un novo respaldo, no caso de acadar dita distinción, despois de acadar o XXIV Premio AREA de Desenvolvemento Rural”, subliñan desde a organización.

Por outra banda, segue aberto o prazo para a reserva dos stand de artesanía e produtos galegos de calidade, así como das parcelas de maquinaria agrícola.