Skip to main content
Cospeito

Organizan en Muimenta un obradoiro sobre comunicación con persoas con demencia

Por 16 Marzo, 2024Sin comentarios

A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta organiza unha xornada formativa sobre como mellorar a comunicación en persoas con problemas de demencia a cargo de Afalu Alzheimer.

Esta sesión terá lugar o venres 22 de marzo, entre as 16.00 e as 20.00 no local social do centro médico. As inscricións son gratis e ten que facer na Mercería Teresa.

Comunicarse cunha persoa con demencia require de moita paciencia e non saber como pode xerar estrés. Na xornada mostrarase mellor como afecta esta enfermidade á linguaxe e as estratexias que se poden seguir para facilitar a comunicación e evitar o illamento ao que adoita conducir a demencia.