Skip to main content
Cospeito

Convocada unha nova edición do Concurso de Debuxo e Relato da Filloa de Muimenta

Por 14 Marzo, 2024Sin comentarios

Vén de convocarse a nova edición do Concurso de Debuxo e Relato-Filloa 2024, no que están invitados a participar os diferentes centros escolares de primaria e secundaria de toda a comarca da Terra Chá, sobre vinte e cinco.

Nesta edición, á XXIV do concurso, os nenos terán que facer os seus traballos sobre A Festa da Filloa. Os traballos gañadores serán expostos durante a celebración de dita festa gastronómica, e os galardoados recibirán os seus premios despois do pregón da Festa o vindeiro primeiro de maio.

Ampliáronse o número de categorías de catro a cinco, co cal, aumentan os premiados de dezaseis a vinte. Decidiuse desdoblar as categorías de 7 a 9 e de 10 a 12 anos, onde se presentaban máis traballos, quedando agora distribuidas en: 7 e 8; 9 e 10 e 11 e 12.

Espérase contar, como ven sendo habitual dende o ano 2010 (data de sinatura do convenio de colaboración), cunha colaboración por parte da Universidade de Santiago de Compostela, que será entregado a un dos vinte premiados, premios nos que tamén se espera contar coa colaboración do Concello de Cospeito, da Deputación Provincial de Lugo, da Delegación de Xunta de Galicia e as entidades Abanca, Caixa Bank e Sabadell Gallego, como ven sendo habitual nas últimas edicións.

Lembrar que dende que comenzara a organizar a Festa da Filloa, colaboraron desinteresadamente, xa non só os veciños de Muimenta, senón tamén os dos pobos limítrofes, alcanzando case os douscentos colaboradores, que durante toda a xornada realizan filloas, churrasco, queimada, café e atenden á xente que se acerca ese día a xantar ata a Vila.

A organización da Festa da Filloa recae na Asociación de Empresarios de Muimenta, a través das comisións da Moexmu, e colaboran o Concello de Cospeito, a Deputación Provincial de Lugo (área de Turismo), a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e numerosas empresas e particulares.