Skip to main content
Cospeito

Támoga abre as súas festas cunha churrascada

Por 26 Marzo, 2024Sin comentarios

A localidade cospeitense de Támoga festexa esta fin de semana, do 29 ao 31 de marzo, as festas na honra da Virxe dos Desamparados.

O programa contará o venres 29 cunha gran churrascada popular a partir das 22.00 horas e verbena a cargo do dúo Venus.

O sábado haberá misa solemne desde as 14.00 horas e a posterior sesión vermú, que estará ao cargo do grupo Zona Zero. Pola noite volverá o mesmo grupo e tamén Finisterre para animar a verbena.

Pechará o domingo de novo co oficio relixioso, ás 13.30 horas, e a sesión vermú estará ao cargo do trío Merengue coa que se dará por finalizada a sesión.