Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz acolle unha charla sobre xubilación dentro do programa Xunt@s

Por 10 Marzo, 2024Marzo 11th, 2024Sin comentarios

O programa Xunt@s continúa en Guitiriz cunha charla. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que, da man dos municipios da provincia, busca contribuír ao envellecemento activo no rural a través de actividades gratuítas de lecer e formación.

Nesta ocasión será unha charla co título Xubilación: proxecto de saúde e de vida, terá lugar o martes 12 de marzo, ás 17.00 horas, na Casa Habanera. O relatorio estará a cargo do doutro Eva López Roca, veciña nacida en Guitiriz que continúa moi vinculada ao municipio.

Son xornadas dirixidas a toda a poboación maior de idade.