Skip to main content
Guitiriz

O Concello de Guitiriz mantén a oferta de clases de baile para maiores

Por 8 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Guitiriz continúa a ofertar clases de baile para persoas maiores de 50 anos.

Estas están en marcha deesde o 16 de xaneiro, e celebraranse todos os martes e os xoves ás 18.00 horas no ximnasio do IES Poeta Díaz Castro.

Os interesados poderán anotarse ata completar aforo. O prezo da inscrición varía entre os 15 e os 17 euros.

As consultas e inscricións poden facerse de xeito presencial na casa do concello ou ben a través da sede electrónica municipal (guitiriz.sedelectronica.gal).