Skip to main content
Guitiriz

Abre o prazo ara inscribirse nun novo taller de cantería en Pardiñas

Por 22 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Guitiriz, en colaboración coa Comunidade de Montes San Estevo de Parga e a Asociación Cultural Medioambiental Pardiñas abre mañá, venres 22 de marzo, e ata o 3 de abril o prazo de inscrición para a sexta edición do taller de cantería.

Esta actividade, que se impartirá todos os sábados de 11 a 13 horas desde abril a xuño na Casa da Escola de Pardiñas, está dirixida a rapaces e rapazas preferiblemente a partir dos 12 anos de idade e tamén a adultos.

O prezo é de 10 euros para empadroados e 20 euros para non empadroados. As prazas son limitadas, a inscrición pódese formalizar de xeito presencial no Rexistro. Para solicitar máis información, no teléfono 982 370 109.