Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAGuitiriz

Guitiriz acolle o sábado a Liga Galega de Veteranos de tenis de mesa

Por 22 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

Este sábado, 23 de marzo, terá lugar en Guitiriz a Liga Galega de Veteranos de tenis de mesa. Esta proba deportiva disputarase no pavillón Jonathan Carro a partir das 16.30 horas.

Comezarán cos duelos Guitiriz TM – CTM Veteranos Élite e Lucus Veteranos TM – CTM Veteranos Promesas. Ás 18:30 horas será a vez do Guitiriz TM – CTM Veteranos Promesas e Lucus Veteranos TM – CTM Veteranos Élite.