Skip to main content
Guitiriz

O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe a Cantabria en abril

Por 24 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe en autobús a Cantabria os vindeiros días 22, 23 e 24 de abril. A saída será desde o Campo da Feira de Guitiriz ás 7:00 horas.

A actividade inclúe tres días e dúas noites con pensión completa no Hotel Comillas, seguro de viaxe e guía acompañante en excursións. Visitarase Covadonga, o Palacio de Sobrellano, Santander, o Centro Botín, Bárcena Mayor, Santillana del Mar, Cuevas el Soplao e San Vicente de la Barquera.

O prezo será de 240 euros por habitación dobre e un suplemento de 60 euros por dormitorio individual.

As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas poden facer a súa reserva desde o 25 de marzo ata o 8 de abril na Oficina de Turismo do Concello ou no teléfono 982 370 109. Terán preferencia as persoas empadroadas en Guitiriz.