Skip to main content
Meira

Comeza a exposición pública do inventario de camiños de Meira

Por 3 Marzo, 2024Marzo 4th, 2024Sin comentarios

O Concello de Meira pon en exposición pública este martes o Inventario de Camiños de Titularidade Municipal.

Este concello adxudicou á empresa Aleutos Solutións SL, a realización dun inventario dos camiños de titularidade municipal, que se expón para que poda acceder toda a poboación os días 5, 7 e 8 de marzo de 2024 en horario de mañá de 9.00 a 15.00 horas, na casa do Concello de Meira.

O martes día 5 está dirixido á veciñanza da parroquia de Seixosmil, o xoves 7 para os de Meira e o día 8 están convocadas todas aquelas persoas que non puideron acudir os días anteriores.

Poderán formular reclamacións todas aquelas persoas que se vexan afectadas, debendo aportar a correspondente documentación xustificativa da propiedade de ser o caso.