Skip to main content
Meira

Meira acolle a celebración do X aniversario da asociación Avelino Díaz

Por 20 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

A Asociación Cultural Avelino Díaz, convocou o acto de celebración do X Aniversario da Asociación e do Día Mundial da Poesía, que terá lugar o día 23 de marzo, ás 18.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Meira.

O dito acto consistirá nunha cata literaria, con proxección dun vídeo, síntese dos dez anos da asociación. Adeias realizarase un recitado de poesías con textos do autor homenaxeado con Montse Vidal, Antía López Gándara, Ruth Busto, Xulio Pardo de Neyra, Martiño Maseda, María García Jartín e Manuel Celso Matalobos, ademais dos alumnos do CEIP Riotorto, CEIP Poeta Avelino Díaz e do IES Pedregal de Irimia.

A sesión completarase cunha cata gastronómica para descubrir os produtos da cociña de Ancares e a IXP Terras do Navia con Asgafon (Asociación de Gandeiros da Fonsagrada).

Pecharase o acto co grupo musical tradicional de Meira.

Precisamente este colectivo celebra o venres a súa asemblea xeral extraordinaria, ás 17.00 horas, para a renovación da xunta directiva por cumprirse dous anos de mandato. Esta sesión terá lugar no centro sociocultural de Meira.