Skip to main content
Muras

Continúan as queixas en Muras pola falta de médico

Por 8 Marzo, 2024Sin comentarios

O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, sumouse ás protestas dos veciños pola “mala atención” que se lles está a dar no centro de saúde. Segundo explican o médico vén días soltos sen unha periodicidade clara, polo que os veciños non saben cando vai estar para atendelos.

Ademais, as veces está previsto o día de consulta e logo non se despraza ata Muras. “O gran problema é que non avisan con antelación e a xente chega ao centro médico e queda sen opcións de ser atendido”, explican os veciños.

No centro médico de Muras atendía de xeito habitual un médico, un enfermeiro e un administrativo pero debido á situación actual, non se conta con esa atención de xeito continuado “polo que o Concello queda se atención sanitaria”, di o alcalde.

“Este agravio agudízase na medida en que dende o Sergas nin sequera deixaron aviso, nin ao concello, nin á veciñanza, e levamos así xa máis dun ano”, afirmaba e insiste Requeijo ante a repetición da situación.