Skip to main content
Muras

Muras quere crear un arquivo coas imaxes antigas da vila

Por 9 Marzo, 2024Marzo 10th, 2024Sin comentarios

Unha veciña de Muras vén de poñer en marcha xunto ao Concello de Muras, unha iniciativa que persegue recuperar imaxes antigas do municipio para crear un arquivo e poder levar adiante outros proxectos de recuperación cultural.
Para esta iniciativa, solicita a colaboración de toda a veciñanza, para que lles fagan chegar fotografías antigas de Muras para poder ofrecer ao resto da veciñanza unha imaxe de como eran os costumes, as celebracións, as xuntanzas, o trabalo, a escola, e toda a vida social que había.

“Máis aló do valor emocional que pode ter para cada un de nós ver, ou incluso coñecer a algún dos nosos, tamén nos axuda a entender moitas cosas dunha época, do noso pobo e da nosa xente. Son parte do noso patrimonio cultural”, explica Maider, que se encarga desta iniciativa.

O proceso para colaborar é sinxelo, consistiría en que os veciños acheguen as fotografías ao Concello dentro dun sobre co número de teléfono e o nome así como algunha información sobre as mesmas de saberse, como quen se ve nelas, lugar o ano aproximado. Al fotografías quedará en empresto ata finais de marzo para seren dixitalizadas. A principios de abril estas devolveranse ao seu dono en perfecto estado. Para aqueles que non poidan achegarse ata a casa consistorial, tamén ofrecen a posibilidade de pasar a recoller as fotos.

Maider dirixiuse a todos os veciños a través dunha carta onde explica o proceso que se vai realizar así como o obxectivo. “Prométoche que o resultado vai merecer a pena, polo valor que terá para todos nós como pobo e para os que virán, e porque vai ser unha magnífica forma de honrar o noso pasado, de dignificar aos que nos precederon e de sentirnos orgullosos das nosas raíces”, engade.