Skip to main content
Muras

Muras investirá máis de cen mil euros do Fondo de Compensación na reparación de vías

Por 30 Marzo, 2024Marzo 31st, 2024Sin comentarios

O Concello presentou a memoria de actuacións que se levarán a cabo cos cartos do Fondo de Compensación Ambiental durante o presente ano e que teñen un orzamento total de 506.083 euros, tal e como explicou o alcalde, Manuel Requeijo.

Unha das primeiras accións será a contratación de tres peóns forestais para que segan a acometer labores de recuperación ambiental e paisaxística, que este ano estarán centradas no Camiño Nordés, cara a Santiago. Esta actividade ten un custe de 17.237 euros.

Pero ademais, un dos traballos que requiren máis orzamento é o acondicionamento de camiños municipais nas parroquias de A Balda, Irixoa, Muras e O Viveiró. O montante total desta obra ascende a 104.961 euros.

O obxecto do proxecto é a mellora da drenaxe das augas de escorrentía superficiais que decorren polas inmediacións da rede viaria co obxectivo de eliminar residuos e sólidos que existan no actual sistema de drenaxe e puideran ser arrastrados formando acumulacións de terra e restos vexetais en zonas naturais.

Tamén se busca impedir a xeración de acumulacións de auga en zonas viarias, o que impide a circulación das mesmas cara a leitos naturais e poderían provocar situacións de perigo na seguridade viaria; e mellorar o sistema integral de xestión de augas superficiais garantindo o fluxo de correntes de augas pluviais polos leitos inicialmente previstos no deseño da rede viaria e realizándose os aportes de auga sobre as zonas que se teñen previsto nos proxectos construtivos, ben sobre un solo natural capaz de asimilar o aporte de auga, ben mediante un leito fluvial, pero sempre sen presencia de sólidos.