Skip to main content
As Pontes

As Pontes contará este domingo coa segunda Quedada Lanera

Por 19 Marzo, 2024Sin comentarios

Despois do éxito da primeira sesión, o 25 de febreiro, organízase a segunda Quedada Lanera, que consistirá en reunir aos afeccionados da tecedura.

Esta sesión terá lugar no local social A Choupana das. Pontes, a partir das 16.00 horas do 24 de marzo. Trátase dunha reunión para falar dos proxectos en marcha e de tecer en compañía. Cambian de local nesta segunda quedada xa que a intención é achegarse aos distintos barrios.

Esta actividade ten un prezo de 2 euros para tomar uns cafés e os interesados poden apuntarse no 658 961 505 e no 660 666 186.

Está organizada por Puntadas con Agarimo, un novo club que xorde precisamente para organizar ás afeccionadas ao punto. O núcleo do colectivo son cinca afeccionadas que levan anos participando en eventos deste tipo e que agora queren tamén reunir ás afeccionadas nas Pontes.