Skip to main content
Vilalba

Corbelle de Vilalba celebra o San Xosé o sábado 16

Por 12 Marzo, 2024Sin comentarios

A localidade de Corbelle, en Vilalba, celebra o sábado 16 as súas festas na honra. San Xosé.

Estas darán comezo cunha misa cantada ás 13.30 horas, á que seguirá a tradicional procesión. Ademais, haberá sesión vermú coa orquestra Solara.

Esta mesma será a encargada durante a noite de facer a verbena xunto ao dúo Venus.

A festa está organizada pola asociación de veciños, que lembra que haberá carpa no campo da festa.