Skip to main content
Vilalba

A casa da cultura de Vilalba acolle unha charla sobre alimentación

Por 10 Marzo, 2024Sin comentarios

O vindeiro martes, 12 de marzo, ás 17.30 impartirase na casa da cultura de Vilalba unha charla sobre alimentación e nutrición.

As encargadas de dirixila serán as dietistas-nutricionistas Paula Roca, do centro de saúde de Vilalba, e Antía Pérez, do centro de saúde de Outeiro de Rei e Guitiriz.

Na sesión tratarase sobre a diferenza entre alimentación e nutrición, dos alimentos procesados e ultraprocesados e de consellos para unha cesta saudable con interpretación do etiquetado.

A sesión será gratuíta e de libre acceso.