Skip to main content
Vilalba

A asociación de veciños Trastomil de Santaballa renovarase este sábado

Por 8 Marzo, 2024Sin comentarios

A Asociación de Veciños Trastomil, de Santalla, celebrará este sábado, 9 de marzo, dúas asembleas para dar conta da actividade e elixir unha nova directiva co obxectivo de darlle un impulso a este colectivo que levaba un tempo parado.

Así, as reunións terán lugar na Escola da Liga Santaballesa a partir das 9.30 horas. En primeiro lugar farase unha memoria das actividades realizadas e dos estado das contas e darase unha previsión das actividades a realizar. Antes de finalizar a reunión farase unha actualización da relación de persoas socias para rematar coas preguntas e propostas.

Ao finalizar esta haberá unha sesión extraordinaria para modificar os estatutos e elixir unha nova xunta directiva.