Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba programa un obradoiro de teatro para todas as idades

Por 11 Marzo, 2024Sin comentarios

A concelleira de Cultura, Tamara Rodríguez, presenta o obradoiro de teatro que o Concello vai ofertar á veciñanza  entre o 3 de abril e o 22 de xuño) e que terá lugar os mércores no Auditorio Municipal da man de Cristina Mariño.

O obradoiro dividirase en 3 grupos dependendo da idade dos participantes e os horarios abriranse con infantil (para nenos e nenas de 6 a 11 anos), entre as 17:30 e as 18:30 horas e cun límite de 12 prazas. Para xuvenil (de 11 a 17 anos) o horario será de 18:30 a 19:30 e cun límite de 12 prazas.

Finalmente, para adulto (+18 anos) as clases serán de 20:00 a  22:00 horas e cun límite de 20 prazas.

Esta actividade será de balde e o prazo para se anotar ábrese hoxe, luns, e ata o 22 de marzo. A inscrición pode facerse no mostrador do primeiro andar do Concello ou pola sede electrónica especificando nome, idade e DNI).