Skip to main content
Vilalba

Santaballa contará cunha sesión do programa Xunt@s sobre nutrición

Por 14 Marzo, 2024Sin comentarios

A Deputación de Lugo continúa en Vilalba en Santaballa con accións do programa Xunt@s, creado con actividades gratuítas, de lecer e formación para contribuír ao envellecemento activo no rural a través do impulso da participación cidadá e o asociacionismo.

Así, este venres 15 organizarase unha xornada gratuíta sobre nutrición e hábitos saudables a partir das 17.00 horas na Escola Habanera de Santaballa.