Skip to main content
Vilalba

O auditorio municipal de Vilalba inaugura a exposición ‘O Herbario de Rosalía’

Por 16 Marzo, 2024Sin comentarios

A partir do luns 18 e ata o domingo 31 de marzo de 2024, poderase contemplar no auditorio municipal de Vilalba a exposición O Herbario de Rosalía, unha mostra con 40 imaxes do Herbario real realizado polas profesoras María López Sández e Isabel Fraga en 2019, con fotografías de Miguel Fraga. Non se trata dun herbario científico, senón dun literario, unha homenaxe á obra rosaliana e á unión da literatura coa natureza. Está organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro e o Concello de Vilalba.

A exposición amosa 40 imaxes do Herbario divididas en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e outras flores, plantas e especies comestibles. Cada unha destas seccións vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía, así­ como, en xeral, o nexo entre literatura e natureza. A mostra pdoera verse de luns a venres de 18.00 a 22.00 horas e sábados e festivos de 12.00 a 14.00 horas.