Skip to main content
Vilalba

A Biblioteca de Vilalba celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil con contacontos

Por 25 Marzo, 2024Sin comentarios

O vindeiro martes 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil e para conmemoralo a Biblioteca Municipal de Vilalba realizará unha actividade dirixida ao público infantil

Trátase dunha sesión de contacontos que ofrecerá Sole Felloza en dous horarios. Ás 16:00 unha sesión adaptada a nenos e nenas de 1 a 4 anos e ás 18:00 outra para nenos e nenas de 5 anos en diante.

En concreto, a sesión de contacontos que traerá Sole Felloza á biblioteca será Paxariña. As prazas son limitadas así que haberá que inscribirse, de balde, antes a través do WhatsApp da Biblioteca (626 399 329) ou presencialmente nas instalacións da mesma.