Skip to main content
Vilalba

Repártense trampas de velutina gratis este venres en Vilalba

Por 21 Marzo, 2024Sin comentarios

Este venres, 22 de marzo, todas as persoas interesadas en obter de balde trampas e líquido atraente para a captura de velutinas poderá achegarse ata o Concello e recollelas.

O reparto realizarase en horario de 17:00 a 20:00 nas oficinas da Casa Consistorial.

Con esta iniciativa, que se realiza en colaboración coa Asociación de Apicultores Serra da Carba, o Concello pretende paliar os riscos que supón esta especie invasora no municipio e na contorna na época na que se inicia o proceso de nidificación. Se se captura a raíña neste tempo impídese a propagación desta especie.