Skip to main content
Vilalba

Organizan un obradoiro de ganchillo amigurumi en Sancovade

Por 27 Marzo, 2024Sin comentarios

A asociación de veciños Santiago de Sancovade levará a cabo no mes de abril un obradoiro de ganchillo amigurumi, no que se aprenderá a facer un boneco deste tipo así como os principais puntos para facelos.

O curso ten un prezo de 45 euros para socios e 55 para o resto con material incluído. Impartirase os sábados de abril, comezando o 6, de 17.30 a 19.30 horas.

As inscricións poden realizarse a través de Almudena (698 185 859) e Lucía (651 478 916) e o mércores 27 é o último día.