Skip to main content
Vilalba

Melloran vías na parroquia de Lanzós por valor de case dez mil euros

Por 27 Marzo, 2024Marzo 28th, 2024Sin comentarios

O tenente de alcalde Modesto Renda informou do rebacheo de varios tramos por valor de 9.967 euros na parroquia de Lanzós.

Concretamente, os traballos realizáronse nas vías que comunican o barrio de Moreda cos barrios do Curadoiro e de Ladrela e está nova actuación foi, dende o inicio da lexislatura, das máis solicitadas pola veciñanza da parroquia.

Esta é a primeira actuación de conservación acometida polo Concello no que vai de lexislatura e Renda anunciou que a súa vontade como responsable de Infraestruturas Rurais é a de seguir complementando as obras de rexeneración e renovación completa con actuacións máis selectivas coma esta, a fin de aumentar a vida útil das estradas.