Skip to main content
Vilalba

Organizan en Nete un curso de cociña de aproveitamento que comeza en abril

Por 30 Marzo, 2024Sin comentarios

Dentro das actividades organizadas pola entidade responsable da xestión das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, Nete acollerá un segundo curso de cociña de aproveitamento.

Será impartido por Miguel Ángel Díaz Fraga, chef do restaurante A Nova Ruta, con acreditada e recoñecida experiencia.

O curso desenvolverase na Escola todos os luns de 17.00 a 20.00 horas, comezando o 15 de abril e rematando o 3 de xuño.

Cada día de curso consistirá en facer un menú cun primeiro, segundo e sobremesa, procurando a utilización de produtos de proximidade e o máximo rendemento das materias primas empregadas.

As persoas que desexen apuntarse poden facelo ata o 12 de abril no teléfono 646 006 167.