Skip to main content
Xermade

Organizan en Xermade unha excursión á illa de Tambo

Por 31 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Xermade organiza unha excursión á Illa de Tambo e Combarro, en Pontevedra, que terá lugar o sábado 13 de abril.

A saída está prevista diante do Concello ás 8.00 horas. Viaxarán para coller o barco á illa ás 11.00 horas, onde contará cunha visita guiada. Continuarán cunha visita ás bateas e comida no barco, que consiste en empanada, mexillóns, arroz de marisco, tarta de Santiago e café. Pola tarde haberá visita libre pola vila de Combarro. O regreso a Xermade está previsto para as 21.30 horas.

O prezo da viaxe é de 40 euros por persoa, que será de 20 para os menores de 12 anos.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 8 de abril e esta deberá facerse por whatsapp no 678 744 178.