Skip to main content
A Pontenova

Rematan na Pontenova a escultura da troita máis grande do mundo

Por 17 Abril, 2024Abril 18th, 2024Sin comentarios

A Pontenova xa pode presumir de ter a escultura da troita máis grande do mundo. A falta de que se realicen as labores de pintura na peza, o vindeiro día 30 conclúe esta obra na que tamén deixará a súa pegada o grafiteiro Diego As. O artista será o encargado de pintar a obra, unha tarefa que realizará na vindeira semana.

A inauguración desta escultura abrirá a Festa da Troita. Nela traballaron dez estudantes de Soldadura e Caldeirería do IES do municipio. Concretamente, Blanca Antonela Encina García, Román Sanjulián Fernández, María Filipe Acebrás, Andrés Lorido Louzao, Javier Paraje Lousas, Rubén Pérez Ríos, Martín García Quintana, Fernando Prieto Ferrería, Sergio Rodríguez Elvira e Fabián Soto Fernández foron os encargados de facer a peza.

Trátase dunha escultura de case 9 metros de longo, realizada a escala dunha troita de verdade. E todo parece indicar que van a poder desfrutar dela durante moito tempo, pois aplicáronlle dúas capas de imprimación para que non se oxide e dure o máximo posible.