Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Destinan 340.000 euros para contratar 21 traballadores desempregados nas Mariña

Por 24 Abril, 2024Sin comentarios

Xunta de Galicia destina 340.000 euros a financiar a contratación de 21 traballadores desempregados nos concellos da Mariña, que realizarán tarefas principalmente relacionadas coa prevención de incendios. A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración xa notificou a resolución do programa Aprol Rural aos municipios beneficiarios na provincia de Lugo, que son practicamente todos excepto a capital; con carácter xeral outorgáronse achegas para financiar entre un e dous contratos en cada caso.

Todos os concellos da comarca mariñá sumarán persoal; en concreto, contratarán a dous traballadores máis en Mondoñedo, Xove, Cervo, O Vicedo, Lourenzá e Barreiros, e un máis en Ribadeo, Ourol, A Pontenova, Viveiro, O Valadouro, Foz, Trabada, Alfoz e Burela.

Este programa diríxese a que concellos rurais, ben de maneira individual ou conxunta, contraten persoas demandantes de emprego, de forma que dinamiza o emprego local e proporciona experiencia e práctica profesional aos colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado de traballo.

Os traballadores incorporados destinaranse á realización de tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios nas faixas secundarias: planificación preventiva, valorización forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión da biomasa. Con estas achegas, a Xunta reforza a colaboración coas entidades locais para financiar os custos salariais totais das persoas incorporadas.