A Asociación Deportiva Cultural Alboi en colaboración co Concello de Viveiro organiza a Travesía a nado ría de Viveiro o vindeiro día 18 de agosto do 2024.
Esta cita deportiva será unha travesía de 2.250 metros dende Áárea etnográfica da Insua ata a praia de Area. Para participar será necesario a previa inscrición a partir do 1 de xuño.
Para calquera dúbida ou consulta, haberá que escribir a alboiadc@gmail.com ou chamar ao 603 348 937.