Skip to main content
Alfoz

A ITV móbil chegará a Alfoz en maio para realizar inspeccións a motos e ciclomotores

Por 21 Abril, 2024Sin comentarios

O vindeiro 10 de maio desprazarase ata o concello de Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores. Esta unidade estará situada entre o pavillón e a piscina.

Todas as persoas interesadas na inspección poden pedir cita na páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 982 309 000. “Conservar este servizo é moi positivo xa que nos permite aforrar en desprazamento para pasar a inspección ás nosas motos e ciclomotores, do que tamén pode servirse a veciñanza doutros concellos”, apuntou Efigenia Maseda.