Skip to main content
Barreiros

A cativada de Barreiros poderá participar nun obradoiro para crear o seu propio libro

Por 27 Abril, 2024Sin comentarios

As propostas do Concello de Barreiros para conmemora o Día do Libro chegan a súa fin. Este domingo, ás 18.30 horas na Biblioteca Pública Municipal, terá lugar un obradoiro artístico na que as nenas e nenos coñecerán novas formas de comunicación a través das imaxes.

Nas dúas horas que dura o obradoiro, a través de exemplos, ideas propias e materiais básicos, a cativada creará o seu propio libro obxecto que poderá levar para a casa. Para asistir ao obradoiro non é preciso inscrición previa.