Skip to main content
Burela

A obra ‘Morte accidental dun anarquista’ chega a Burela da man de Talía Teatro

Por 23 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Burela acolle, na Casa da Cultura, unha representación da obra teatral ‘Morte accidental dun anarquista’, do dramaturgo italiano Dario Fo. O espectáculo, a cargo de Talía Teatro e dirixido por Cándido Pazo, terá lugar este venres, día 26 de abril, ás 21.00.

As entradas da peza, dirixida a un público adulto, terán un prezo de 4 euros, e poderán ser adquiridas na propia Casa da Cultura a partir das 20.00 do día da representación. Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos levan a escena esta peza de 1970 que nos sitúa en Italia nun momento de gran inestabilidade social.

A obra “levaba tempo no noso ficheiro de posibles”, xa que “ben podería ser un retrato da actual situación do noso país”, sinalan dende Talía Teatro. “Trátase dun texto clásico cunha comicidade mordaz, absolutamente desbordante”, engaden. “Cincuenta anos despois de ser escrito, este sainete político, esta disparatada pero reflexiva comedia, segue aportando sons que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, reverberan aínda nos muros da actualidade”, explican.