Skip to main content
Burela

O PP de Burela tende a man na creación do Consello Consultivo para a memoria histórica

Por 25 Abril, 2024Sin comentarios

O PP de Burela, asegura que tende a man por terceira vez ao goberno bipartito PSOE-BNG nun tema moi sensible para gran parte veciñanza como é a creación do Consello Consultivo para a Memoria Histórica. Os populares inciden en que “xa temos manifestado que non nos opoñemos á súa creación; senón ás irregularidades para a súa creación porque non se están seguindo as pautas legalmente establecidas”, tal e como indicaron os concelleiros cando o goberno local levou a pleno este expediente.

Os populares remitiron nunha segunda ocasión un escrito á alcaldesa no que se lle pedía a rectificación do expediente, que foi aprobado no pleno cos votos a favor de PSOE e BNG, de forma “totalmente anómala”.

E por terceira vez, “vimos de rexistrar un recurso de reposición para que sexa o máximo órgano de goberno do Concello o que rectifique o erro cometido por non seguir o cauce legalmente establecido para a creación deste Consello Consultivo, tal e como se esixiu para a creación doutros Consellos Consultivos”.

A man tendida “da que facía gala a señora López Moreno ao inicio do mandato, o que realmente a está tendendo, é o Grupo Municipal Popular” para “evitar que sexa outro órgano independente da administración local o que tome a decisión de solucionar esta problemática creada polas presas, a falta de coñecemento nesta materia por parte da rexedora municipal e do seu equipo de goberno”.