Skip to main content
Axenda AMARIÑAXACervo

Cervo celebrará a XXXVIII edición do Día do Xubilado o 1 de maio

Por 3 Abril, 2024Abril 4th, 2024Sin comentarios

O Concello de Cervo celebrará a XXXVIII edición do Día do Xubilado o 1 de maio.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, informou a través dun bando de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste encontro e a veciñanza ten ata o 26 de abril para anotarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa da Cultura, en San Cibrao.

Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar de San Cibrao, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 12 ao parchís).