Skip to main content
Axenda AMARIÑAXACervo

Cervo celebra a VII Foliada e Feira de Artesanía e Alimentación, na praza do Souto, o vindeiro 4 de maio

Por 6 Abril, 2024Sin comentarios

Cervo celebra a VII Foliada e Feira de Artesanía e Alimentación, na praza do Souto, o vindeiro sábado 4 de maio.

Para esta cita, organizada por Acr Fervenza de Sargadelos, xa se poden anotar os grupos que desexen participar na Foliada e nos Cantos de taberna a través dun formulario.

Débese ter en conta que as prazas son limitadas e serán cubertas por rigorosa orde de inscrición, a Foliada comezará ás 18.30 horas e cada grupo contará con 30 minutos para subir, actuar e baixar do escenario.

Os Cantos de Taberna comezarán ás 12.00 horas e rematarán ás 14.00 horas e cada grupo seguirá o percorrido marcado e as indicacións dadas pola organización,

Para máis información será necesario escribir un correo a fervenzadesargadelos@gmail.com.

Polo momento xa se sabe que haberá unha sesión vermú coa Charanga Alxiberia e que ás 22.00 horas terá lugar o concerto de Faíscas da Pontagra