Skip to main content
Cervo

Cervo conmemora o Día do Libro cun concurso para a cativada

Por 24 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Cervo celebra un concurso en conmemoración do Día do Libro, que se celebra o 23 de abril. Os participantes están divididos en tres categorías diferentes en función da súa idade. Os máis pequenos terán que facer un marcapáxinas.

Os nenos e nenas comprendidos entre os 7 e os 11 anos, terán que continuar a seguinte historia: “Todo se torceu o domingo a mediodía cando Xoves, o cuarto anano de Brancaneves, non aparecía por ningures. Os recordos de Brancaneves cos seus sete ananos eran ledos e con centos de aventuras divertidas e incribles, que resultaba moi triste pensar que xa non volvería ser así. Por iso, toda a vila das Neves…”

Os maiores de 12 anos poderán elixir entre contar unha anécdota familiar ou proseguir a seguinte historia: “Nunca vira tan calada a cidade como aquela noite, ata as luces da rúa parecían sospeitar o que estaba a piques de pasar, e eu como de costume…”

Os traballos deberán enviarse mediante unha foto ao correo electrónico prensa@concellodecervo.com ou a través do WhatsApp do teléfono 683 315 939 ata o luns 29 de abril. Deberán conter nome e apelidos do participante, idade, teléfono e correo electrónico. No caso de ser menores de idade, o nome e a idade dos participantes deberán ir acompañados do nome e do teléfono do pai, nai ou do tutor. Os traballos gañadores serán elixidos por un xurado e serán publicados o xoves, 2 de maio nas redes socias municipais.