Skip to main content
Cervo

Cervo convoca unha nova edición do seu concurso fotográfico de medio ambiente

Por 24 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, convoca o XIV concurso fotográfico de medio ambiente Cervo Respecta 2024. Os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia. Terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio.

Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; a través do correo medioambiente@concellodecervo.com. O prazo para presentar as imaxes remata o 23 de maio.