Skip to main content
Axenda AMARIÑAXACervo

Cervo prepárase para celebrar unha nova edición do Día do Xubilado

Por 28 Abril, 2024Sin comentarios

Os maiores serán os protagonistas no Concello de Cervo o vindeiro 1 de maio na celebración da XXXVIII edición do Día do Xubilado. Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís, organizado na Casa do Mar de San Cibrao, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 12 ao parchís).

O programa comezará ás 12.00 horas cunha misa cantada pola Coral Terra de San Cirpián na igrexa parroquial de Lieiro, logo haberá sesión vermú amenizada por Conxuro na Praza dos Campos e, xa ás 14.30 horas, terá lugar o xantar na carpa instalada na praza. Para rematar a xornada festiva, os asistentes poderán gozar da música e do baile coa orquestra Los Satélites, que poñerá o broche de ouro a edición da cita xa consolidada no municipio.