Skip to main content
Axenda AMARIÑAXAFoz

A XII Concentración Auto Clásicos de Foz terá lugar en maio

Por 1 Abril, 2024Abril 2nd, 2024Sin comentarios

A vila de Foz acollerá unha nova edición, e xa van doce, da concentración de Auto Clásicos no que participan vehículos de catro rodas e motos clásicas e se celebrará o 25 de maio.

Os participantes xuntaranse fronte ao porto de Foz á media mañá. E ao remate da concentración haberá un paseo en embarcación pola ría de Ribadeo.

Para participar é necesario anotarse chamando ao 676 050 424 ou mandando un correo electrónico a autoclásicosfoz@gmail.com. O prezo da inscrición é de 35 euros por persoa.