Skip to main content
Foz

Sacan de novo a licitación a xestión da cafetería-bar Náutico de Foz

Por 19 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Foz sacou de novo a licitación a xestión da cafetería-bar Náutico, situada na praza Conde de Fontao, despois da renuncia da adxudicataria proposta e dos trámites precisos realizados no pleno ordinario do mes de marzo. O prazo de presentación de ofertas remata o día 30 deste mes.

“Todos aqueles interesados en xestionar a cafetería do centro social poden presentar as súas propostas de forma electrónica, cun canon mínimo de 500 euros anuais sobre o que deben ofertar”, explica Fran Cajoto. O rexedor destaca as cualidades da cafetería: “Está situada nun lugar privilexiado da nosa vila, cunha terraza que resulta un miradoiro excepcional sobre o peirao. Debemos informar a todos os interesados que o horario de apertura máximo é o que establece a norma para este tipo de establecementos (de 6 da mañá a 2.30 horas da madrugada), establecendo en todo o caso o Concello un horario de apertura mínimo de nove da mañá a nove da noite durante todo o ano”.

A cafetería-bar náutico pretende ser un punto de encontro dos maiores do Concello. O alcalde anima a todos os interesados que se acheguen a ver as instalacións: “Poden concertar unha cita chamando ao Concello, creo que realmente vale a pena”. Os interesados na xestión da cafetería poden ver pregos técnicos e condición na plataforma de contratos do sector público a través da web