Skip to main content
Foz

Comezan as obras da nova depuradora de Foz

Por 19 Abril, 2024Sin comentarios

O voceiro do Partido Popular de Foz, Javier Jorge Castiñeira, móstrase satisfeito polo comezo das obras da nova depuradora que son “o resultado de moitos anos de traballo e de política útil”. Unha infraestrutura que se ubicará na Granda de Forxán e os populares agradecen á Xunta de Galicia que a financia con máis de 12 millóns de euros con fondos europeos.

“Trátase dunha obra importantísima para o noso concello e desde o PP de Foz loitamos por ela cando estabamos no goberno xestionando este asunto, tratando de acadar un consenso para a nova ubicación e, despois de moito traballo, buscar  financiamento e levar a cabo o proceso de tramitación e, tamén, desde a oposición; e, dende logo, reiteramos o noso agradecemento á Xunta de Galicia polo seu compromiso durante todos estes anos”, valora Jorge Castiñeira.

Con esta nova infraestrutura mellorarase a calidade da auga da ría, o servicio de saneamento e depuración e sacarase a depuradora da zona portuaria –unha das zonas turísticas de Foz- que causaba moitas molestias e, ademais, era unha petición das asociacións veciñais.

Estas obras consistirán, ademais da construción da nova depuradora, en toda a canalización e na construción dun pozo de tormentas na zona portuaria que bombeará todo o caudal ata a nova estación depuradora, o que será moito máis eficaz, e na construción dun emisario que alonxará as augas residuais da zona costeira. “Dende logo que desde o PP de Foz estamos moi contentos e moi satisfeitos pois entendemos que con esta obra comeza unha nova etapa na modernización do noso concello”, finaliza o voceiro popular focense, Javier Jorge Castiñeira.