Skip to main content
Mondoñedo

A asociación de veciños do Carmen de Mondoñedo organiza unha comida popular polo San Isidro

Por 28 Abril, 2024Sin comentarios

A asociación de veciños da parroquia do Carmen de Mondoñedo organiza a comida popular polo San Isidro. A cita será o vindeiro sábado 11 de maio. Haberá misa e sesión vermú co acordeonista Javier.

A partir das 14.30 horas dará comezo o xantar cun menú a base de callos, codillo asado, tarta xeada, bebida e café. Os interesados en participar na comida, que ten un prezo de 30 euros, deberán facelo antes do 8 de maio no teléfonos 686 511 770.