Skip to main content
Ribadeo

Uns 160 xogadores de toda a provincia danse cita en Ribadeo nas finais de fútbol sala

Por 18 Abril, 2024Abril 19th, 2024Sin comentarios

O vindeiro sábado, 20 de abril, os pavillóns de Ribadeo acollerán as finais provinciais de fútbol sala do programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte. A xornada arrincará no pavillón grande, na avenida de Luarca, ás 10 da mañá, onde se disputarán 4 semifinais. “Para as 14.00 horas está previsto o xantar. E xa pola tarde a partir das 16:00 horas Terán lugar as finais e o partido para decidir o 3º e o 4º posto. No pavillón pequeno (situado na rúa Alfredo Deaño) haberá varios partidos entre as dez da mañá e as catro da tarde”, explica Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes.

A cerimonia de entrega de premios terá lugar ás 20.00 horas no pavillón da avenida de Luarca. En total, “daranse cita en Ribadeo 160 xogadores de oito equipos procedentes de Guitiriz, Burela, Outeiro de Rei, Fonsagrada, Monforte, Foz, Guntín, Chantada e Ribadeo”, engade oedil ribadense.

Este evento deportivo está organizado polo Concellería de Deportes e Mocidade de Ribadeo, polo Ribadeo FS e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Na presentación participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico municipal de Deportes, Iván López, o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, e Patricia Muíños directiva do Ribadeo Fútbol Sala.