Skip to main content
Axenda CaducadaTrabada

A nova directiva da asociación O Picato de Trabada programa a Festa da Primavera

Por 8 Abril, 2024Sin comentarios

A asociación O Picato de Trabada segue adiante cunha nova directiva. Deste xeito, os novos membros poñen en marcha a Festa da Primavera, que terá lugar no pavillón municipal o vindeiro 21 de abril. Haberá vermú e baile amenizado polo dúo EPO-K e menú a base de entrantes fríos e quentes, churrasco con chourizo vermello, criollo e patacas, sobremesa e café.

Tamén haberá sorteos despois da comida. O prezo para os socios é de 27 euros, de 30 para os non asociados e 10 euros para os nenos de 3 a 12 anos. As entradas están á venda no Mesón Camiño Norte ata o venres 19 de abril.

Trátase da primeira actividade despois de que o colectivo renovara por totalidade os seus cargos. Comezan unha nova etapa da man de José María Fernández Vázquez que asume á presidencia; Nuria Fernández García, a vicepresidencia; Mercedes García Pérez será a secretaria; Xenia Uz Quirós, a tesoreira e Julio González Romeu, María Concepción García Fernández, Anastasia Quintana Fernández, Ana Varela Teijo, Thor Alberich Gómez, os novos tesoureiros.

Todos eles inician esta tempada na asociación con intención de dinamizar a oferta cultural. “Arrancamos esta andaina con moitas ganas e forza para facer actividades, festas, actos culturais… para que poidamos desfrutar todos xuntos”, aseguran.